I Congreso xoveTIC

O I Congreso XoveTIC, organizado polo Centro de Investigación en TIC da Universidade da Coruña,  oriéntase a xóvenes investigadores (predoutorais e posdoutorais) que presentarán comunicacións orais ou pósters das súas investigacións coa finalidade de potenciar a colaboración entre universidades e grupos de investigación, construír un espazo de encontro para o debate científico e contribuír a súa formación.

O congreso, de inscripción gratuita, suporá unha oportunidade ideal para que os participantes compartan as súas investigacións nun ambiente colaborativo e distendido.