XoveTIC

O VI Congreso XOVETIC, organizado polo Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña (CITIC), terá lugar os días 5 e 6 de outubro de 2023. Está destinado a investigadores/as júnior (predoutorais e posdoutorais) que presentarán comunicacións orais ou pósters das súas investigacións no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC). O obxectivo é construír un espazo de encontro para o debate científico e contribuír deste modo á súa formación.

O congreso, cuxa inscrición é gratuíta, suporá unha oportunidade ideal para que as persoas participantes compartan as súas investigacións nun ambiente colaborativo e distendido.

As contribucións ao congreso poderán ser orixinais ou traballos adaptados xa presentados noutros foros. Todos aqueles traballos que se acepten, serán publicados nun libro de actas. Descargar a versión pre-publicación dos proceedings.