Contribucións
Este congreso contará con sesións de comunicacións orais e cunha sesión de exposición de pósters. O Comité de Dirección seleccionará, atendendo ás recomendacións do Comité Científico, as comunicacións que se realizarán en formato oral e as que se realizarán en formato póster, o cal será comunicado aos autores con suficiente antelación. A aceptación dos traballos poderá comportar propostas de mellora que deberán ser tidas en conta para a súa presentación e aceptación final.
Os traballos presentados deberanse enmarcar nalgunhas das seguintes áreas temáticas:
- Intelixencia artificial: aprendizaxe a máquina; visión artificial; procesado de linguaxe natural; robótica intelixente; representación do coñecemento e razoamento.
- Ciencia e enxeñería de datos: Big data, recuperación da información; sistemas de información; análise de datos; simulación e optimización.
- Computación de altas prestacións: software HPC, infraestruturas Big Data; computación na nube.
- Servicios e redes intelixentes: comunicacións sen fíos 5G; Internet das cousas; comunicacións vehiculares e sistemas de transporte intelixente.
- Ciberseguridade
- As persoas interesadas en participar deberán enviar un abstract de 800 caracteres como máximo a través da plataforma Easychair, indicando a área temática do seu traballo, que poderá estar redactado en galego, portugués, castelán ou inglés. A data límite de envío abstracts é o 13 de setembro de 2024.
- É preciso estar rexistrado na plataforma Easychair para poder enviar un abstract (rexistrarse en Easychair). Os autores, unha vez rexistrados, poden enviar os seus traballos:
- Cada proposta será avaliada por dous membros do Comité Científico, que indicarán a adecuación da proposta e a forma de presentación (oral ou póster). Os traballos poden ser seleccionados para comunicación oral, póster ou ser rexeitados.
- O listado de traballos seleccionados comunicarase o 23 de setembro de 2024.
- Os autores dos traballos seleccionados (comunicacións orais e pósters) deberán enviar o traballo cunha extensión entre catro e oito páxinas (sen contar índice e páxina en branco do modelo) antes do 14 de outubro de 2024 ás 10:00. Publicaranse as instrucións unha vez aceptados os traballos. (Acceso ás instrucións)
- Os traballos seleccionados publicaranse nun libro de proceedings pola Universidade da Coruña.
- Os pósters e comunicacións orais poderán estar redactados en calquera das linguas do congreso: galego, portugués, castelán ou inglés. Tan só se esixe exclusivamente o inglés para a publicación do libro de resumos estendido.